PREMIOS DO CERTAME DE CURTAMETRAXES:
|
Esta fin de semana puxemos punto e á parte a varios meses de tarefas dedicadas á difusión, organización e produción deste certame, no que a implicación e confianza de Rocío Lizcano, Kiko Fernández Mujico, Toñito de Poi e Xerardo Piñeiro, entre outras persoas, foron fundamentais, por significarse como colaboradores e valedores que apoiaron a AMBAR nesta iniciativa de exitoso resultado. Destacamos nesta edición a gran participación de obras realizadas en talleres audiovisuais de asociacións do terceiro sector, e que problamente determinarán a inclusión dunha nova categoría a concurso para próximas edicións do certame.
A tamén inestimable colaboración do Concello de Boiro, especialmente da xente da concellaría de cultura, foron determinantes para producir un bo certame que culminou cunha cerimonia de premios pública celebrada na casa do Concello Boirense. Agora, mediante a presente comunicación, informámosvos de que o pasado sábado, día 14 de novembro de 2009, o xurado do certame NADA SOBRE NOS SEN NOS presidido por Toñito de Poi, coa presenza de Rocío Lizcano, Kiko Fernández Mujico, e Xerardo Piñeiro seleccionou como obras premiadas e distinguidas con mención honorífica as seguintes:
- MELLoR OBRA NA CATEGORÍA DE DOCUMENTAL : “EL RÍO DE MARCOS” DE CRISTINA ESMERODE, CECILIA TOUCEDA, SONIA MONTES, PAULA COBAS, 10´
- MELLOr OBRA NA CATEGORÍA DE FICCIÓN : “ EL ESCONDITE” de JOSÉ MIGUEL ADAMUZ ALCALDE, 4´45´´
- MENCIOn HONORÍFICA DA ORGANIZACIÓN: "ALBUM DE FAMILIA" DE FRANK TORO
- MENCIOn HONORÍFICA Do xURADO: “El VUELO DE COCO" DE ANDRÉS ROMÁN NAVAS, 16´16´´ “A NENA QUE TIÑA UNHA SOA ORELLA”, de alVARO LEÓN, 13´ “NOS LLAMABAN LOCOS", de FRANK TORO, 8´
Entre os asistentes ao acto, presentado por Lisardo Calo e Luisa Crujeiras, ambos socios de AMBAR, atopábanse Cristina Esmerode, Sonia Montes, Paula Cobas e Cecilia Touceda, quen recibiron o premio á mellor obra na categoría de documental, e varias entidades do terceiro sector, entre as que se atopaban dous representantes da Asociación Tots Som Santboians, de Barcelona. Así como tamén estiveron presentes directivos de entidades de diversas comarcas de Galicia e asociacións veciñais, empresariais e de amas de casa do Barbanza. Tamén se atopaban distintas autoridades e represantes políticos da comarca.
Aproveitamos a ocasión para agradecer os apoios e confianza recibida para o bo fin desta iniciativa, da que esperamos próximos efectos positivos na comunidade.
|