PROGRAMA CERTAME DE CURTAMETRAXES:
|
Arranca a 5ª edición do certame de curtametraxes "Nada sobre Nós sen Nós" que promove a Asociación AMBAR dentro das xornadas do audiovisual do concello de Boiro, certame que versa sobre a temática da disCapacidade dende unha visión de dereitos humanos e cidadanía, coa seguinte programación
Programa Certame de Curtametraxes: "Nada Sobre Nós Sen Nós"
- VENRES 6, 18:30 h. na casa de Cultura de Boiro: Cinefórum: Proxección do documental “Albúm de familia”. Ó rematar charla coloquio.
- SÁBADO 14, 10:30 h. Casa de Cultura de Boiro. Reunión do Xurado para determinar as obras gañadoras. 19:00 h. Casa Consistorial do Concello de Boiro. Entrega de premios e proxección das obras gañadoras.
- OS DÍAS 6, 7, 13 E 14 Realizarase a proxección continua das obras presentadas no local social de Aturuxo
Asemade informamos a todo o público en xeral que están convidados a asistir a os actos anteriormente relacionados --Non fai falla recordar que se trata de actos de entrada libre polo que estaremos encantados coa vosa presencia. |