Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional Inicio | Accesibilidade | Privacidade | Contacto | Área Privada
 
Voltar
 

A ASOCIACIÓN AMBAR TERÁ EN 2010 UN CERTIFICADO DE CALIDADE
05/11/2009

AMBAR foi seleccionada para participar no Programa “Socialia Calidade” de Obra Social Caixa Galicia, a través do cal recibirá formación e consultoría, o que lle permitirá mellorar os seus sistemas de xestión e obter os Certificados de Calidade ISO 9001 no ano 2010. AMBAR poderá optar á obtención do selo EFQM de Excelencia co apoio da entidade financeira.

   
Durante máis dun ano AMBAR traballará, xunto co resto de entidades seleccionadas dentro do programa da Obra Social, para mellorar as súas respectivas organizacións, revisando as súas formas de actuación, compartindo boas prácticas e aplicando solucións innovadoras. E todo iso para que as persoas destinatarias das súas accións, reciban mellores atencións e conten con mellores servizos.

 
As entidades sociais que proximamente asinarán un convenio con Caixa Galicia, convértense así nunha referencia para o sector, pola súa capacidade para adaptarse e adiantarse ás novas esixencias sociais e o seu compromiso  por ofrecer o mellor servizo ás persoas para as que traballan. Isto é especialmente relevante no sector social, no que aínda non están moi estendidas as certificacións de calidade, ao contrario do que ocorre no mundo empresarial.
 
O Programa “Socialia Calidade” enmárcase dentro do compromiso de Caixa Galicia coa mellora e o fortalecemento do Terceiro Sector de Acción social. Este ano participan no mesmo 40 Ong das comunidades autónomas de Galicia, Castela León e Valencia.