VISITA DO DEPUTADO DE BENESTAR DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
|
Xoán Manuel Sande Muñiz, responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, visitou o pasado venres 9 as instalacións do Centro de Recursos de AMBAR.
Na visita, na que estivo acompañado pola representante provincial Rosana Pérez, e os portavoces locais, Dominga Brión e Manel Casal, recorreron as distintas dependencias e talleres nos que a diario traballan as persoas que acoden ó centro ocupacional.
A representante de AMBAR, Milagros Rey, aproveitou esta visita do diputado provincial para transmitirlle as necesidades do colectivo para afrontar as futuras liñas de traballo da entidade.
![]() |