Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional Inicio | Accesibilidade | Privacidade | Contacto | Área Privada
 
Voltar
 

Adeus a Manuel Lobato
25/06/2009

Na mañá de do 24 de xuño, faleceu en accidente de circulación o amigo e colaborador de AMBAR Manuel Lobato.

A súa irreparable perda deixa un baleiro en todas aquelas persoas que tivemos a inmensa sorte de coñecelo e de contaxiarnos do seu entusiasmo e o seu convencimiento de que outra vida é posible para as persoas con diversidade funcional.

Manuel foi un dos fundadores do Foro de Vida Independente en España, unha das persoas máis significadas na loita a prol dos dereitos humanos e un referente en Europa.

A xente de AMBAR desexamos mostrar o noso apoio á súa familia nestes momentos tan duros.

Manolo, seguro que onde esteas seguirás coa túa loita, que é a de todos nós.

Nunca te esqueceremos.

Descansa en paz