Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional Inicio | Accesibilidade | Privacidade | Contacto | Área Privada
 
Voltar
 

Ambar porá en marcha unha campaña piloto de recollida de aceites domésticos usados
13/01/2009

A iniciativa, coa que colabora a Consellería de Medio Ambiente, será realizada nun primeiro momento en restaurantes.

Ambar ten previsto distribuir por diferentes restaurantes da comarca do Barbanza 50 contedores de 50 litros de capacidade. A entidade encargarase periodicamente da súa recollida, así como tamén da súa entrega a un xestor autorizado de residuos.

 

Convenio de  colaboración :

Para levar a cabo esta campaña Ambar conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, grazas á sinatura dun convenio de colaboración, a través do cal, a entidade que preside Milagros Rey recibiu a cantidade de 30 mil euros que foron empregados na compra dun vehículo axeitado para o transporte e a recollida do aceite usado. 

Dende Ambar incídese na importancia desta campaña que posibilitará a recuperación deste residuo entre os veciños, ó tempo que se garante o seu correcto destino posterior a un xestor autorizado.

Entre os obxectivos da entidade con esta campaña tamén figura o fomento do emprego entre as persoas con algún tipo de diversidade funcional, especialmente os de carácter intelectual, a través das actividades de conservación e protección ambiental.


Campaña de sensibilización
:

Ambar prevé ademais desenvolver unha campaña de concienciación en tódolos centros educativos do municipio e así ter un maior achegamento a toda a sociedade.