VELA PARA TODOS ACADA O SEGUNDO POSTO NA II REGATA DE VELA ADAPTADA DA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE
|
Os días 18, 19 e 20 de xuño, disputouse na bahía Coruñesa a segunda Regata de Vela Adaptada da Fundación María José Jove, a única competición destas características que se celebra en Galicia. A regata, na que participaron unha vintena de regatistas procedentes de distintos puntos da comunidade galega estivo reservada a embarcacións da clase Yatlant 460, que foron aportadas pola propia institución. A Asociación AMBAR participou neste evento co programa Vela para Todos, representado polo seu regatista máis destacado, Serafín Cadaval. A vencedora da regata, Sonia García Erías, do equipo da Fundación María José Jove recibiu o trofeo de mans da conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato. O cadro de gañadores complétano Serafín Cadaval Santos, do Programa Vela para Todos da Asociación AMBAR, que ocupou o segundo posto; Jesús Pombo Gómez, da Fundación María José Jove, que se alzou no terceiro lugar; e Manuel Brage Vila, do Real Clube Náutico da Coruña, que se fixo co cuarto lugar. A final da competición decidiuse ó mellor de cuatro probas e foi moi disputada e igualada, pois o primeiro puesto, polo que competía o noso regatista Serafín Cadaval, non se decidiu ata a última manga para romper un triple empate de sete puntos no último pase de boia. |