Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional Inicio | Accesibilidade | Privacidade | Contacto | Área Privada
Tema | Bases | Cartel | Xurado | Obras Seleccionadas | Premios
 
Anteriores CERTAMENS: 2008 2007 2006 2005
 
Bases

“NADA SOBRE NÓS SEN NÓS” 09 

XORNADAS DO AUDIOVISUAL NO CONCELLO DE BOIRO

"descargar bases en Castellano"

REGULAMENTO

Artigo 1: O tema do Certame será o achegamento ás Persoas con Diversidade Funcional (discapacidade) como unha cuestión de dereitos humanos e cidadanía. As obras presentadas poderán aborda-lo mesmo sen distinción de xéneros, xa sexa documental, ficción e/ou animación, entre outros. Pode participar calquera obra de realización non anterior ó ano 2005.

 

Artigo 2: A duración máxima será de 30 minutos incluíndo títulos. Establécense dúas categorías a concurso: unha, na que participarán todas as curtametraxes de contido documental, e outra na que participarán todas as curtametraxes de ficción.

  

Artigo 3: Os participantes deberán presentar unha copia en DVD ós efectos da preselección. Dita copia deberá acompañarse de fotocopia do DNI ou pasaporte do realizador ou realizadora, engadíndose a información seguinte: duración total do curto, formato (cine/vídeo), categoría na que se inscribe, ano de realización, créditos, teléfonos de contacto, sinopse, premios ou mencións e dúas fotografías extraídas do curto.

 

Artigo 4: As obras deberán presentarse persoalmente ou por correo na sede da entidade promotora do certame: Asociación AMBAR, Rúa Castelao 5, 15940, Pobra dó Caramiñal (A Coruña), a partir do 1 de setembro ata o 10 de outubro de 2009, ás 12:00 horas.

  

Artigo 5: A preselección dos traballos estará a cargo dun Comité designado ó efecto, que escollerá dez curtametraxes entre a totalidade dos traballos presentados. Os traballos preseleccionados comunicaranse ós responsables

  

Artigo 6: O Xurado que determinará as obras premiadas, integrado por mulleres e homes vinculados ás actividades do Audiovisual, dos Dereitos Humanos e da Diversidade Funcional, outorgará os seguintes premios entre os dez curtos preseleccionados: diploma e 1.000 euros para a mellor obra documental, diploma e 1.000 euros para a mellor obra de ficción, podendo establecer ata tres mencións honoríficas. A decisión do Xurado será inapelable.

    

Artigo 7: A proclamación das curtametraxes gañadoras, como así tamén a súa proxección será oportunamente anunciada polos medios de difusión. A presentación terá lugar no marco do espazo cultural BOIRO IMAXE 09, que acontecerá no Concello de Boiro no mes de novembro de 2009.

   

Artigo 8: A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases e calquera dúbida sobre a interpretación das mesmas, así como tamén calquera aspecto non contemplado será resolto pola entidade promotora.

   

Asociación AMBAR, maio de 2009.

+info:   audiovisual@asociacionambar.org