Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional Inicio | Accesibilidade | Privacidade | Contacto | Área Privada

Sobre Ambar

 

SOBRE NÓS

A ASOCIACIÓN AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL é unha Entidade Sen Ánimo de Lucro de ámbito comarcal, que conta cun grupo social moi amplo e diverso. AMBAR foi fundada no ano 1982 coa razón social de “Asociación de Minusválidos da Barbanza”, coa finalidade principal da integración e mellora da calidade de vida das PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL (discapacidade de calquera natureza).

   

Na actualidade, AMBAR apoia e presta servicios a PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL e ás súas familias nos concellos de Pobra, Ribeira, Rianxo, Boiro, Porto do Son, e tamén de outros concellos próximos, colaborando coas entidades publicas e privadas que participan na intermediación da PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL e a súa participación económica e social.

   

A constitución de AMBAR e a paciente labor realizada contribuíu á difusión das problemáticas e á unión das PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL e das familias concernidas, xerando a capacidade de pór en marcha iniciativas reivindicativas conxuntas e novos servicios comunitarios.