Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional Inicio | Accesibilidade | Privacidade | Contacto | Área Privada

25 Aniversario

 

No ano 2007 a Asociación AMBAR cumpre 25 anos de historia, configurándose como unha referencia relevante no movemento asociativo dás PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL na bisbarra, e mesmo en ámbitos supralocais. A súa contribución á mellora da calidade de vida do colectivo co que se compromete, no avance do asociacionismo e da diversidade social na bisbarra ten o recoñecemento da comunidade.

 

Ó longo destes 25 anos, o fortalecemento das organizacións de PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL e a aparición dunha variedade de organizacións con fins sociais, así como a progresión do benestar social e os cambios que a sociedade experimentou, influíron significativamente a dinámica de AMBAR e o seu papel na bisbarra.

 

AMBAR afronta un escenario cambiante, producto da evolución do marco legal, da evolución demográfica, das esixencias de acreditación, das demandas internas e das demandas externas para a contribución á procura de solucións ós actuais problemas das PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL e as súas familias, e todo iso xunto co proceso de construcción dunha nova visión das PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL superadora do asistencialismo, coa que estamos comprometidos.