Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Centro de día AMBAR

Usurios do centro de día

No 2009 iniciouse a actividade do servizo de Centro de Día, co fin de aportar os apoios suficientes as persoas con discapacidade intelectual cuxas necesidades asistenciais requiren de maior extensión e intensidade que as posibilitadas polo modelo de centro ocupacional. Dispoñendo así da atención importante e continuada que precisan, nun recurso adecuado.

O servizo de Centro de Día conta actualmente con 20 prazas para persoas con diversidade funcional intelectual con necesidades de apoio extenso ou xeneralizado. O noso número de rexistro é: E-0089/003.

O servizo de Centro Ocupacional está acreditado co certificado de calidade ISO 9001, con número de certificación ES030407-2, outorgado pola certificadora Bureau Veritas.

Os fins do Centro de Día son:

  • Servizos específicos de apoio preventivo e atención integral a persoas con discapacidade psíquica gravemente afectadas. Onde o obxectivo sexa fomentar o desenrolo de habilidades do individuo e o mantemento das súas capacidades funcionais, a través de apoios, axudas técnicas e programas individuais, e en definitiva unha mellora na súa calidade de vida.
  • Apoio á familia ofrecendo un recurso de respiro familiar e favorecendo o mantemento da persoa no entorno da súa comunidade e favorecendo a vida no domicilio familiar (AMBAR recibe peticións das familias para a posta en marcha dun servizo de Centro de Día onde as persoas que superan as posibilidades asistenciais dun Centro Ocupacional poidan acceder a servizos propios cunha intensidade de apoio adecuada ao seu perfil de autonomía persoal).

Programas e actividades

Os talleres, programas e actividades que están en funcionamento actualmente son os seguintes:

  • Servizo de fisioterapia.
  • Servizo de terapia ocupacional.
  • Desenvolvemento psicomotriz: activ. de psicomotricidade e piscina.
  • Programas de autonomía persoal: habilidades sociais e da vida diaria.
  • Servizo de coidados persoais e atención individual.
  • Psicoestimulación cognitiva.
  • Alfabetización dixital.
  • Taller de artes plásticas.

Ademais cóntase cos servizos de información e asesoramento, intervención psicolóxica e social, actividades de ocio e tempo libre e servizo de comedor e transporte adaptado.

A metodoloxía empregada no traballo diario baséase na adquisición de aprendizaxes funcionais, cooperativas e motivadoras fomentando a colaboración e a participación dos usuarios adestrando situacións da vida cotiá e atendendo sempre ás necesidades e expectativas dos usuarios e as súas familias.

Requisitos de admisión e ingreso no centro

Para a admisión no centro respectarase a vontade do usuario ou do seu representante legal, precisando a previa autorización xudicial no caso de persoas incapacitadas xudicialmente.

Condicións:

Poderán ser usuarios/as do Centro Ocupacional de AMBAR aquelas persoas maiores de 18 anos e ata os 59, con discapacidade intelectual. Excepcionalmente, cando exista causa que o xustifique e coa autorización da administración competente, poderán ser usuarios/as do centro persoas con 16 anos cumpridos.

Documentación requirida previa á admisión:

  • Fotocopia certificado de minusvalía.
  • Fotocopia da valoración de Dependencia.
  • Declaración da renda ou certificado negativo da Axencia Tributaria
  • Certificado das prestacións sociais do solicitante
  • Certificado de convivencia - empadroamento.
  • Documentos acreditativos da personalidade: tarxeta sanitaria, DNI dos pais ou titores legais e do solicitante, datos bancarios,...
  • Informe médico co diagnóstico (patoloxías, enfermidades infecto-contaxiosas, trastornos psíquicos, antecedentes psiquiátrico,...) e coa posoloxía do tratamento farmacolóxico a subministrar, dietas especiais,...
  • Datos da unidade familiar e dos contactos familiares.